CRTVG

Buscar

Hospital Real

Capítulo 5

07/06/2015 22:00 h

Mutilado

Daniel intenta esclarecer o asasinato de seu pai, para o que conta coa axuda e complicidade do doutor Devesa. Pero súa nai, dona Elvira, ten outros plans para el e agora que faleceu ten que ser o cabeza de familia e non pode esquecer a promesa que lle fixo de casar con Clara. O sentido do deber de Daniel vai facer que se afaste cada vez máis do seu amor verdadeiro, Olalla.

Prodúcese unha nova chegada ao hospital, o padre Bernardo (Carlos Blanco). O relixioso acode ao Hospital para substituír como capelán maior o padre Damián. O que ninguén sabe é que está ás ordes do fiscal inquisidor, Gaspar Somoza (Luís Zahera) e que a súa misión será conseguir que o administrador deixe o seu cargo.

A irmá Úrsula continúa controlándoo todo. A chegada do novo capelán non lle agrada moito e non tarda en intentar buscar algo para ter o dominio sobre el. Ao que tamén se lle acumulan os problemas é a don Andrés. As loitas de poder e a presión que intenta exercer Mendoza sobre el para ocupar o cabido do hospital debilitarán a paciencia do administrador. 

Que Daniel e Sebastián teñen dúas formas diferentes de concibir a medicina xa se sabe. Dase un enfrontamento que fai que Daniel sexa despedido do Hospital Real.

Atopar capítulo por: