Especial
É hora de festa 12: XLIII Festa do pemento da Arnoia
10/08/2022 20:00 h
O Concello ourensán de A Arnoia celebrou esta fin de semana tres días de exaltación do pemento para celebrar a edición número XLIII desta festa. Ás 9 da noite comezou a venda de tíckets para as distintas preparacións dos pementos.
Arredor de 10.000 persoas asistiron a esta cita gastronómica para degustar tres mil kilos de pementos preparados de diferentes formas polos membros da comisión. Ademáis da tradicional degustación na carballeira de A Queixeira, o programa incluíu as actuacións do grupo Broken Peach e a orquestra Combo Dominicano que amenizaron coa súa música a xornada festiva.