Zigzag diario
Homenaxe a Narf, Festival Voces Femininas, The Hellbuckers, SES e Kate Bush
16/11/2016 21:00 h
O programa da tvG2 fai un repaso ao mellor do Festival Voces Femininas, que levará concertos a Madrid Ourense e Vigo, os días 23, 24 e 26 de novembro. O programa entrevistará a Eduardo Romero, director do evento, mentres que Moncho Lemos falará na súa sección de Kate Bush, veterana artista á que o festival dedica este ano a súa música de sala.
Ademais, o programa emitirá senllas reportaxes sobre o traballo da banda The Hellbuckers, liderada por Carla Figueredo e gran expoñente do soul e o garage, e sobre o adianto do último traballo da rompedora SES, "Opoñerse á extinción", todo un fenómeno cultural que engalana os seus temas de blues, rock e sons latinoamericanos.