CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Himnos de fútbol

29/03/2014 20:00 h

 O himno do Celta non se sabe cando se compuxo nin de onde procede nin cando naceu, pero por un documento gráfico de Balaídos no ascenso de 1969 sábese que xa soaba o que hoxe se coñece. Pola súa parte, o Deportivo tiña un himno tradicional composto en 1924, pero a irrupción do Súper Dépor levou a directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, do grupo coruñés Cacahué, autor do famosísimo “Y digo: Deportivo, vamos a ganar este partido”.

 Pero, ademais dos himnos oficiais, en “No bico un cantar” tamén soarán temas que se escoitan nos estadios e nas celebracións dos dous equipos, como pode ser “A Foliada do Celta”, da Roda; o “Vivir na Coruña”, con Maghua; “Mil novecentos vinte e tres”, de Keltoi, e outros temas como o “Manda tralla” dos Diplomáticos de Monte Alto, dedicado a Arsenio Iglesias.

 Ademais, o espazo da TVG visitará as peñas de Deportivo e Celta nos seus bares de referencia, falará cun deportivista ata a medula como Antón Lezcano e vivirá o celtismo con xente como Arximiro, o dono da taberna Rikitrí, sede da peña do Celta do mesmo nome e único en Vigo, xa que ten un pasodobre propio.

Atopar capítulo por: