Zigzag diario
“Hanna” de Andrea Zapata, a Academia Galega do Audiovisual e Play-Doc
17/03/2016 21:00 h
A directora de cine galega Andrea Zapata pasará hoxe polo estudio de gravación do “ZigZag Diario” para falar da súa peza “Hanna”, que acaba de presentar dentro do proxecto “Cinema e Muller”.
Seguidamente, o equipo do programa fala con representantes da Academia Galega do Audiovisual, xa que este ente fixo un traballo arredor da participación da muller dentro do sector audiovisual galego. Con eles falarán das claves e conclusións ás que chegaron grazas a esta busca.
En Tui estase a celebrar o Play-Doc, o Festival Internacional de Documental. O programa da tvG2 fará un percorrido pola participación galega dentro desta cita.