CRTVG

Buscar

Momentos G

Hai relación entre resultados e presión no deporte de elite e nos estudos

05/09/2021 14:27 h

No deportivo, este verán celebráronse as olimpíadas de Tokyo 2020. Unha das noticias que máis chamou a atención dos xogos paradoxalmente non estivo relacionada co triunfo, senón coa retirada, a de Simone Biles.

A ximnasta norteamericana, chamada a facer historia, decidiu retirarase da maioría das competicións por non poder xestionar a presión excesiva, algo que puxo o foco na importancia da saúde mental nos deportistas de elite, que nós ademais queremos relacionar coa situación de moitos adolescentes.

Os rapaces tamén sofren esa esixencia do éxito, agora que se vai retomar a actividade escolar.

Falámolo con dúas psicólogas: unha deportiva, Madó González, e outra educativa, Olegaria Mosqueda.

Atopar capítulo por: