Zigzag diario
Gustavo Santaolalla, Olga Osorio e Alberto Vázquez
Un dos protagonistas será o compositor e músico arxentino Gustavo Santaolalla, gañador de dous premios Óscar á mellor banda sonora polo seu traballo nas películas “Babel” e mais “Brokeback mountain”.
O cinema galego continúa a viaxar por festivais de todo o mundo e o equipo do programa porá a ollada, desta volta, nas curtametraxes. En concreto, Olga Osorio presentará o seu último traballo, co que participa no Festival de Sitges. A súa curta “Einsten - Rosen”, con Teo e Óscar Galiñanes como protagonistas, é a historia de dous irmáns que en 1982 atopan un buraco de verme.
Teremos a Alberto Vázquez, que compite coa fascinante curta de animación “Decorado” no Festival Curtocircuíto de Santiago de Compostela, despois dun longo itinerario polos festivais de Cannes, Toronto e Otawa entre outros.