CRTVG

Buscar

Anacos de vida

Guntín

26/10/2019 19:00 h

Nesta ocasión fuximos das grandes vilas e cidades galegas, aínda que estamos moi preto de Lugo, para coñecer a vida e as historias dun pequeno concello rural galego, e sempre a través das súas fotos antigas. 

Imos ser grandes seareiros do Guntín, porque este equipo de fútbol está a piques de facer unha foto para a historia. Despois de case 20 anos, entre terceira e segunda división, por primeira vez teñen a oportunidade de ascender a Primeira Rexional... Co noso equipo de investigadores rebuliremos nas bibliotecas, nos arquivos e na memoria dos veciños e veciñas de Guntín para descubrir quen é o persoeiro da foto misteriosa e que descoñecida historia agocha.

Atopar capítulo por: