Estache bo!
Guiso de cabezas de bacallau con acelgas
Ingredientes:
Na tarteira: 1 manda de acelgas 1 cabeza de bacallau 4 patacas 1 bote de garavanzos cocidos 1 cunca de viño branco 2 follas de loureiro AOVE Na tixola: 1 cebola en xuliana 1 pemento vermello 1 cullerada de tomate concentrado 2 dentes de allo 1 cullerada de pemento doce AOVE Sal e pementa
Elaboración:
Fai tempo que non facemos un guiso! E por iso hoxe tocou un de acelgas e bacallau. Nunha tixola rustrimos a cebola, o allo, o pemento, incorporamos o pemento doce, o tomate concentrado e un chisco de viño. Tapamos e deixamos cocer uns 10 minutos. Nunha tarteira rustrimos a cabeza de bacallau, a pataca e o loureiro. Buscamos un fondo de salsa onde engadiremos as acelgas, media cunca de viño branco e os garavanzos. Trituramos o rustrido da tixola e incorporámolo á tarteira. Deixamos cociñar 18 minutos, empratamos e listo para comer…!!!
Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Allariz, a Mª José, da empresa Mimá, quen nos falará do produto estrela de hoxe: as acelgas.