CRTVG

Buscar

Grazas á vida

Grazas á voz creativa

26/01/2023 17:25 h

Nora Sola é unha figura destacada do mundo cultural e empresarial en Ourense. Foi unha das voces con máis sona da radio nesta cidade e dirixiu o Festival de Cine Internacional de Ourense, ademais de fundar unha empresa de organización de eventos. Con ela coñeceremos a radio onde traballou e as interioridades do festival de cine.

María do Ceo é a dama máis singular do fado, que transmite a súa voz para establecer a comuñón entre os sons irmáns de Galicia e de Portugal. Ela é a creadora dun estilo novo do fado, o denominado “fado minhoto”. Imos escoitala cantar e coñecer sitios moi representativos de Ourense, como a beira do Miño e a igrexa de Santiago das Caldas.

Atopar capítulo por: