CRTVG

Buscar

Grazas á vida

Grazas á arte e á memoria

25/01/2023 17:25 h

J. Méndez é pintor e escenógrafo. Figura recoñecida da eclosión cultural na Compostela da Transición, foi o fundador da primeira empresa galega de creación de escenografías teatrais e decorados para televisión. Na súa obra artística xoga coa mitoloxía universal e compostelá, entre o surrealismo e o barroco.

O escultor César Lombera é o autor dunha importante serie de obras repartidas por moitas vilas galegas, nas que retrata a numerosos persoeiros da vida cultural, social e histórica. Tamén foi un pioneiro do teatro de rúa e monicreques en Galicia, ademais de axudar a recuperar a Romaría Viquinga de Catoira.

Atopar capítulo por: