CRTVG

Buscar

Grazas á vida

Grazas ao mar e aos peixes

24/01/2023 17:25 h

Nieves Fontán é peixeira de xenio e poderío, de longa tradición familiar, que vendeu peixe polas rúas de Portonovo e nas prazas de abastos de Sanxenxo e Portonovo. É unha das persoas máis queridas no mundo do mar na súa vila, xa que a súa labor foi un apoio constante ao resto de peixeiras e traballadores do mar. Con ela coñeceremos a praza de abastos e o traballo ambulante das peixeiras.

José Antonio Gómez, 'Joselito', é mariñeiro de vocación, patrón do cerco que traballou para o colectivo como patrón maior de Portonovo e presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra. É un dos homes do mar máis influentes en Galicia nas últimas dúas décadas. Con el coñeceremos a lonxa e o traballo na confraría.

Atopar capítulo por: