CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Capítulo 4. Ponte do Porco e Brañas Verdes

08/02/2012 23:00 h

O programa intérnase hoxe por dúas poboacións galegas con moito para contar, como son Ponte do Porco, na provincia da Coruña, e Brañas Verdes, seguindo a costa coruñesa, no concello de Camariñas.

    A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, en Ponte do Porco o programa presta atención ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais, como a lenda do nome; unha campista cantareira e actriz de dobraxe; a colección de fotos máis antiga do lugar e ata unha carta da mesma Duquesa de Alba.

   Os protagonistas do pequeno lugar de Brañas Verdes adoptan recoller algas, palillar a axudarse entre os veciños; pescantinas en furgoneta, percebeiros, contador de historias e unha virtude por riba de todo...o sorriso das súas mulleres. Serán os seus habitantes os que relaten as súas vivencias e vida social máis representativa, desde espazos que transmiten un sentimento de pertenza, de familia e de benestar no rural.

   Un mapa de situación indicará ao inicio de cada programa o lugar elixido, reforzando coa súa imaxe, e cada personaxe levará unha ficha de presentación explicando a súa relación coa contorna; así os habitantes do lugar convértense en narradores para facer un retrato o máis fiel posible de cada localidade, da súa vida e da súa xente.

Atopar capítulo por: