CRTVG

Buscar

Desenredando a Rede

Game over

13/02/2017 11:45 h

Nesta ocasión interveñen expertos que empregan as redes sociais para cambiar o mundo de distintos xeitos, tanto para reivindicar ideas como para sacar adiante proxectos persoais ou profesionais. Na sección “Nan@s”, os máis pequenos intentan descubrir como funciona unha consola, un aparello co que eles están moi familiarizados pero que desta volta se presenta na súa versión máis antiga. Pola súa banda, Katu e Chus sacan á luz as súas dotes artísticas e emprenden unha batalla musical. A sección “I+D+i” céntrase na industria do videoxogo en Galicia e o seu crecemento nos últimos anos. Profesionais galegos deste sector explican todos e cada un das cousas que nunca se contaron sobre os videoxogos. Coma sempre, os reporteiros do programa saen á rúa para poñer a proba o seu nivel de coñecemento tecnolóxico dos galegos e das galegas. 

Atopar capítulo por: