CRTVG

Buscar

Náufragos

Galiña Branca (Muxía, 1992) e Nautilus (Illas Sisargas, 1989)

05/08/2016 02:00 h

“Náufragos” lembrará hoxe a envorcadura da gamela Galiña Branca preto do porto de Muxía e o afundimento do Nautilus, a poucas millas das illas Sisargas, que segou a vida dos cinco mariñeiros que o tripulaban. 
A finais de outubro do ano 1992, Hipólito Pérez e o seu fillo Abel saíron pescar con nasas nunha zona preto do porto de Muxía. Na casa quedaban Carmela Sar, a esposa de Hipólito, coas súas cinco fillas. Nalgún momento, mentres estaban pescando, crese que a casea da nasa enganchou nunhas rochas e, ao tirar dela, a gamela envorcou.
As illas Sisargas foron testemuña no ano 1989 do afundimento do Nautilus, un barco con base en Laxe e dedicado ao rasco do peixe sapo. O 6 de outubro, ao non regresar a porto, outras naves de Laxe saíron na súa busca, pero ata pasados 14 días non apareceu ningún rastro do barco. O único corpo que devolveron as augas foi o do mariñeiro Germán Santiago, pai de Marcos e Roberto, principais protagonistas da segunda historia de “Náufragos”, que agora traballan no mar.

Atopar capítulo por: