CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Galicia, terra meiga (Ana Kiro)

22/01/2013 22:15 h

“Galicia, terra meiga” foi a canción que lle deu o punto de partida como artista estrela a Ana Kiro.

No ano 1972, a cantante coñeceu o músico, compositor e representante de artistas Manuel Muñiz, quen, baseándose nun tema da música popular galega, compuxo “Galicia, terra meiga”. A composición, gravada por Ana, converteuse nun éxito musical despois de vender ese ano máis de 100.00 copias e conseguir un Casete de Ouro.

De feito, converteuse nun auténtico himno para os galegos na emigración, xa que moitos milleiros de emigrados acudían aos concertos que Ana Kiro deu en Venezuela, no Brasil e na Arxentina.

O programa ofrece diferentes versións da popular canción interpretadas por músicos da categoría de Abe Rábade e o Cuarteto Egeria, integrado por músicos da Real Filharmonía de Galicia.

Ademais, fai un percorrido pola vida de Ana Kiro da man do seu viúvo, Carlos Rivero, e de amigos e compañeiros de profesión como Fernando Marán e Sito Mariño. Pero tamén é a propia Ana Kiro quen guía os espectadores pola súa historia.

Atopar capítulo por: