Galicia Noticias Mediodía
Galicia Noticias
11/01/2019 13:45 h
Índice de contidos
Titulares
Detido o fillo do home asasinado en Sárdoma como sospeitoso do crime
O presunto autor dun acoitelamento mortal en Betanzos pasou a disposición xudicial
Detido en Monforte un mozo de 30 anos por un suposto intento de rapto dunha nena de 10 anos
Xulgan na Coruña o sospeitoso de matar un toxicómano asestándolle 57 coiteladas
Unha pelexa nunha casa ocupada, en Pontevedra, rematou cun ferido por arma branca
A rotura de dúas tubaxes en Vigo provoca asolagamentos e cortes de subministración de auga e gas
O lume destrúe parte dun alpendre nunha parroquia de Monforte
O dono dun can perigoso que paseaba só pola rúa terá que pagar unha multa de 2.500 euros
Verín rexistra a temperatura mais baixa de Galicia, con 7,2 graos baixo cero
A falta de choiva empeza a notarse nos encoros e ríos galegos
Intenso frío e temperaturas baixo cero na provincia de Lugo
A vaga de frío apenas se deixou notar na provincia de Pontevedra
Na provincia da Coruña rexistráronse temperaturas medias de 10 graos na costa e 9 no interior
O sorteo do cupón diario da Once deixa 315.000 euros en Pontecesures