Galicia de 20 a 20
A cápsula do tempo: As artes
28/01/2023 19:00 h
A irrupción do cine nas nosas vilas, as novas formas de vestir da modernidade ou a fundación de clubs coma o Celta de Vigo son soamente algunhas das moitas novidades que chegaron ao mundo das artes e do deporte durante os felices anos vinte.
Nomes inesquecibles coma Castelao, Lloréns ou Antonio Palacios resoaban xa con forza no mundo das artes. Dende as mulleres pioneiras no deporte galego ata as novas formas de construír edificios, os nosos expertos nas diferentes materias vannos acompañar nunha viaxe no tempo pola literatura, o cine, a pintura, a arquitectura, o deporte e a moda que estaban vixentes un século atrás.