CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

“Galicia 100”, cine, estreas musicais e o último traballo de Caxade

05/06/2016 00:45 h

Manuel Gago, coordinador da exposición “Galicia 100”, visitará esta noite o estudio de gravación do “ZigZag-Eirado” para falar desta mostra transmedia, que pretende representar distintas épocas do pasado de Galicia a través de obxectos da vida cotiá e algún que outro moi simbólico. 
No apartado cinematográfico do programa, os espectadores poderán coñecer mellor os filmes “Viaje a pies”, “Un doctor en la campiña” e “¿Qué invadimos ahora?”
“ZigZag-Eirado” tamén se fará eco, como é habitual, das últimas estreas musicais: Fernando Barroso presenta novo disco, Aliboria ten novo traballo e xira para dalo a coñecer e Rosa Cedrón conta cun novo álbum no mercado. 
Pola súa parte, Moncho Lemos falará do último traballo de Caxade, proxecto artístico de Alonso Caxade.

Atopar capítulo por: