CRTVG

Buscar

Documental

Galegos d´ouro

02/07/2022 20:00 h

A paisaxe duriense foi moldeada pola man de obra galega desde o século XVIII. "Traballas coma un galego" é unha expresión antiga que permanece ata hoxe. Sen estes traballadores, os grandes esforzos das encostas, das plantacións, da construción de socalcos, das cavas e das vendimas non existiría a paisaxe clasificada como Patrimonio Mundial da Humanidade. Axiña esta man de obra de galegos deu orixe a familias históricas. Pedro Gil, o avó de D. Antónia (a Ferreirinha) era galego. Moitas destas familias quedarían no Douro e hoxe dan nome a marcas importantes do viño do Porto.

Atopar capítulo por: