Especial
Gala do 25 de xullo de 2017
A Televisión de Galicia emite unha gala especial coincidindo co 25 de xullo, Día de Galicia, que ten como mestre de cerimonias o presentador Xosé Ramón Gayoso, acompañado pola actriz Lucía Regueiro, a xornalista Lucía Rodríguez e a cantante e humorista Eva Iglesias.
O programa ofrece duetos musicais únicos. É o caso do gaiteiro Carlos Núñez, que acompaña no escenario o músico Rodrigo Romaní, fundador do mítico grupo Milladoiro, e a Sondeseu, a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galicia. Carlos Núñez, considerado un erudito da música celta, tamén interpreta un tema xunto ao canadense Jon Pilatzke, violinista titular do grupo The Chieftains. A cantante e violonchelista Rosa Cedrón comparte escenario coa gaiteira Cristina Pato e a cantante Carol.
A gala tamén conta con artistas como o cantautor cubano Pablo Milanés, Marta Sánchez e Xosé Manuel Piñeiro. Ademais, actúan o grupo de baile tradicional Nova Galega de Danza, as pandeireteiras de Xestreu, a agrupación musical De Pé Feito, o grupo Os Da Porfía, o dúo Primordiais, o músico Cristian Silva e os dúos Hugo Torreiro-Carlos Bau e Adhara-Ritman.
Nesta noite do 25 de xullo, non podía faltar “Xunto a ti”, do grupo Plan Siberia, gañador do concurso da canción do verán da Televisión de Galicia, e o tema “O Camiño”, interpretado por Lucía Pérez e Tonhito de Poi, protagonistas de “Destino Santiago”.