CRTVG

Buscar

Premios da música "Martín Códax"

Gala de entrega dos Premios Martín Códax 2018

12/05/2018 23:15 h

O actor e monologuista Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila foron os encargados de presentar a quinta edición dos Premios Martín Códax da Música no Pazo da Cultura de Pontevedra.


54 traballos optaron a facerse con algunha das distincións das 15 categorías existentes: doce delas musicais e tres extramusicais (salas, festivais e medios de comunicación). Entre os finalistas figuraban artistas noveis xunto a outros nomes consagrados a nivel estatal e internacional, como Uxía, Novedades Carminha, Eladio y los Seres Queridos, The Lákazans, Best Boy, A Banda da Loba, Moon Cresta, Xacobe Martínez, Caxade, Músculo!, DeVacas ou Nastasia Zürcher.


No transcurso da gala, que incluíu actuacións musicais en directo, concedeuse un dobre premio honorífico aos baixistas Pepe Bordallo e Quique Alvarado. Este galardón recoñece que a traxectoria artística e dedicación á música ao vivo dos premiados constitúe un referente para as novas xeracións de músicos.


Promovida pola Asociación de Músicos ao Vivo, a gran festa da música galega busca recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións e de toda a nosa industria, facéndoa rendible e dándolle visibilidade en Galicia e no exterior. 

Atopar capítulo por: