Zigzag diario
Gabriel Tizón e os proxectos de Arturo Ripstein e Miguel Gomes
26/11/2015 21:00 h
A tráxica historia dos refuxiados que chegan a Grecia, concretamente á Illa de Lesbos, é o tema central do documental do fotógrafo Gabriel Tizón, enmarcado dentro da iniciativa “Muros”, que pretende que este problema non se esqueza a través da documentación gráfica. Hoxe o director estará no “ZigZag Diario” para comentar as súas vivencias en Lesbos cos refuxiados.
Por outra banda, comentarán tamén os premios Cineuropa, Arturo Ripstein e Miguel Gomes. Ambos os dous directores recibiron este galardón pola súa traxectoria no cinema e hoxe no “ZigZag Diario” falarase con eles da súa traxectoria no sector e de novos proxectos.