Gañar ou fregar
En Vilamarín coa familia Lantes Suárez
26/08/2023 18:50 h
Neste programa de ‘Gañar ou fregar’ levamos as nosas cociñas ata o concello de Vilamarín para celebrar a gran final do concurso. Os mellores concursantes, elixidos polo noso presentador Adrián Felípez, Jéssica de Maceda e Néstor de Baiona, van cociñar no Pazo de Vilamarín para a familia Lantes Suárez. A familia vai ser a encargada de probar os pratos e emitir un veredicto que dará como gañador ou gañadora un dos nosos finalistas.