Eirado
Fundación Penzol, historia de América en galego e música étnica con Cheny Wa Gune
Visita o programa o director da Fundación Penzol, Francisco Domínguez, para falar do 50 aniversario da institución, creada en Vigo en 1963 por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galeguistas ilustres.
Entrevista tamén ao profesor de Historia de América da Universidade de Vigo Carlos Sixirei sobre o último tomo de primeira historia do continente americano que se escribe en galego, “Dende as orixes aos tempos actuais”.
Nas novidades editoriais, Pilar Sampil fala do proxecto divulgativo “De roda en roda”, un libro-disco-dvd sobre músicas e danzas do mundo.
Completan o programa unha reportaxe sobre Rosalía de Castro e a música, a proposta de microteatro de Víctor Coyote e unha visita ao obradoiro da escultora noiesa Soledad Peralta.
Música en directo co cantante mozambicano Cheny Wa Gune.