CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Francisco Rodríguez (Hércules Ediciones) / María Meijide / "Dolce far niente"

09/11/2014 00:45 h

O espazo cultural “ZigZag-Eirado”, que presenta Tino Santiago na tvG2, contará este sábado no estudio con Francisco Rodríguez, presidente de Hércules de Ediciones, empresa que busca impulsar a cultura galega desde o eido editorial, para falar dos retos e da situación do sector.

Mon Santiso entrevistará no seu estudio provisional a María Meijide, unha nova artista compostelá, formada en Sevilla e Lisboa, que define a súa obra como figuración realista de rastro autobiográfico.

A curtametraxe que presentará esta noite Moncho Lemos é “Dolce far niente”. Dirixida por Henrique Lage, está inspirada no cinema italiano dos anos 50. Nela, o protagonista, aproveitando unha entrevista de traballo, intentará recuperar o amor da súa ex-noiva. 

Na parte relativa á arte fílmica, “ZigZag-Eirado” ofrecerá as novas propostas da carteleira con Ángel Suanzes e, a actualidade musical, con Marta Gómez.

Atopar capítulo por: