Zigzag diario
Francisco Coimbra, “Dr. Alveiros”, “A casa do medo” e "Fajr"
O escritor Francisco Coimbra estará no “ZigZag Diario” para presentar a súa primeira obra de narrativa, “Crónica Córnica”, finalista do Premio Xerais 2016. O autor, cunha ampla produción nos eidos da lingüística, a tradución e os estudos culturais aborda agora a cuestión do idioma dende a ficción, cunha novela coral que se artella arredor dunha premisa, o rexurdimento dunha lingua considerada extinguida, o córnico.
O programa cultural da tvG2 falará así mesmo do novo selo editorial “Dr. Alveiros”, que puxo en marcha a editora Urco en colaboración coa Fundación Vicente Risco e co que que xa se publicaron varios títulos. Tamén haberá un espazo dedicado ao libro póstumo de Agustín Fernández Paz, “A casa do medo”, unha novela curta que el deixou entregada na editorial pero que non puido ver públicada.
Ademais, o “Zigzag” anticípase a celebración dun dos festivais máis prestixiosos do cinema independente internacional, o Festival Internacional de Rotterdam, en que se estreará a nova curta de Lois Patiño, "Fajr".