Zigzag diario
Fran Alonso e “Impresiones de una isla”
O poeta vigués Fran Alonso visita hoxe o “ZigZag Diario” para falar do seu libro “Terraza”, un poemario que aborda o paso do tempo desde a visión crítica dun home que contempla a vida na terraza dun bar mentres escribe poemas. Neste traballo o autor fai un aceno ás novas tecnoloxías ao incluír códigos QR nalgún dos poemas, que remiten a outras das súas creacións literarias. Por exemplo, dirixen os seus versos na rede, como os que compoñen o libro “Estado de Malestar”, que está a construír en Twitter.
Ademais, o cultural da tvG2, dedicado hoxe á creación literaria, falará de “Impresiones de una isla”, un traballo de banda deseñada que Carlos Portela e Fernando Iglesias asinaran pola década dos 90, converténdose nun fito do seu tempo. A editorial Retranca recupérao nunha nova edición máis completa, que inclúe mesmo modificacións de textos do primeiro orixinal.