CRTVG

Buscar

Documental

'Fraga e Fidel, malia todo'

28/02/2023 00:10 h

O 27 de xullo de 1992, Fidel Castro emprende unha viaxe sentimental á aldea na que naceu o seu pai, Láncara, en Galicia. É a primeira e única vez que Castro visita a terra dos seus antepasados e, para a ocasión, conta coa hospitalidade do presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, que en dúas intensas xornadas o invita a coñecer a cultura local, dende a Praza do Obradoiro ata o polbo a feira.

As diferenzas políticas supostas dilúense na nostalxia de dúas biografías paralelas: ambos os dous recoñécense no fillo do galego emigrante a Cuba que dedicou a súa vida á política, representou unha das ideas máis poderosas do século XX e sobreviviu. 'Fraga e Fidel', non obstante, revisita os dous días, 27 e 28 de xullo de 1992, de fraternal encontro entre Manuel Fraga e Fidel Castro e indaga, entre feitos, lugares e testemuñas, indicios que nos asomen ao sentido dese espectáculo íntimo.

Atopar capítulo por: