CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Foucellas”, “O mundo persistente” e “Fóra do Mapa”

03/06/2016 21:00 h

O programa presentado por Pilar G. Rego contará coa presenza no estudo de gravación con Candido Pazó, autor do texto e director da obra “Foucellas”, que pon en escena Talía Teatro.
O programa cultural da Televisión de Galicia tamén falará hoxe con Tito Asorey, director da montaxe “O mundo persistente”, un texto de Fernando Epelde que fala da vida e a morte e que constitúe un espectáculo moi arriscado, tanto a nivel técnico coma artístico. 
Así mesmo, o “ZigZag Diario” dará a benvida ao festival ferrolán “Fóra do Mapa”. O I Festival de Artes Escénicas de Ferrol chega coa vocación de perdurar.

Atopar capítulo por: