CRTVG

Buscar

Galicia On

Forma física

18/02/2018 11:30 h

Hoxe en día sabemos que manter o noso corpo activo é sinónimo de saúde. Por iso o número de persoas que practica deporte e a oferta no ámbito deportivo aumentaron de xeito exponencial nos últimos anos.“Galicia On” busca empresas que merezan a medalla de ouro a través da innovación no deporte.

A primeira parada é en ATP, unha empresa de Oleiros especializada no adestramento persoal, que en menos de cinco anos fixeron dunha idea todo un éxito. Ademais, ofrecen servizos complementarios de fisioterapia e coaching nutricional. 

Colle o relevo Pilates Riazor, un estudio coruñés dedicado por completo a esta disciplina. Se algo fai diferente este estudio é o uso de máquinas, aparellos que teñen como característica principal a incorporación duns resortes que actúan a modo de resistencia. 

Atopar capítulo por: