Zigzag diario
Fon Cortizo, Gonzo e Lois Blanco
28/01/2016 21:00 h
O xoves en clave documental do “ZigZag Diario” trae hoxe ao estudio a Fon Cortizo, director do “antidocumental” “Contrafaces”, unha peza rodada en Vigo, Islandia e no Canadá en que o director pretende demostrar como as linguas constrúen as identidades individuais e colectivas, entre outros temas.
O segundo documental que presentan hoxe no “ZigZag Diario” é o titulado “O meu avó tiña unha igual”, un traballo ao que o xornalista galego Gonzo lle pon a imaxe e no que falan sobre a famosa motocicleta italiana Vespa e os percorridos que fixeron os seus donos pola nosa terra.
Finalmente, o espazo cultural da tvG2 falará da estrea da ópera prima de Lois Blanco, a curtametraxe “Fálame do Silencio”, que narra a banda sonora vital dunha parella.