CRTVG

Buscar

O fío do retrato

Cap. 9. Xaime Manso

11/09/2011 11:20 h

O documental monográfico “Ó Fío do Retrato”, programa que se recrea na tradición  oral de vidas que agroman pola súa maneira persoal de encarar a existencia, visitará hoxe en Betanzos a tenda de discos “Portobello”, onde coñecerá o seu dono, Xaime Manso, un apaixonado da música.

 A cámara do fotógrafo Anxo Cabada retratará un home que pertence a esa xeración de galegos e españois que intentou alargar os límites e as fronteiras para acadar un mundo máis aberto, lonxe das estreituras e das faixas impostas pola historia. As súas inquedanzas levárono moi lonxe, cara ao mundo, alén das fronteiras que nos separaban da Europa desenvolvida e tamén da cultura e da liberdade.

Atopar capítulo por: