O fío do retrato
Cap. 12. Milagros, a esperanza do porvir
Tirando do fío dese retrato que nos achega a esencia de cada persoa, o  documental de hoxe mergulla na vida de Milagros Perelló Rey, de Vigo, ex  traballadora de “Montajes Cíes”, unha obreira que leva en activo toda a  súa vida e que agora está no paro.
 
 O programa das historias íntimas, que nos introduce cada domingo Nieves  Rodríguez, preséntanos nesta ocasión, da man do fotógrafo Anxo Cabada, a  historia contemporánea dunha muller traballadora, despois da cal  viñeron outras novas xeracións que tiveron, ao igual que os homes, que  readaptar o seu papel nas sociedades, en que a subalternidade e a  suxeción ao modelo patriarcal eran a base do seu comportamento.
 
 Obreira desde os quince anos, alternando os máis diversos traballos, cun  matrimonio disolto e con dous fillos, e agora mesmo sen traballo, a de  Milagros é unha historia da loita e da abnegación por facérmonos un  lugar no mundo.