CRTVG

Buscar

O fío do retrato

Cap. 2. Consuelo Ramos, a alquimia do queixo

17/07/2011 11:00 h

A presentadora, Nieves Rodríguez, introducirá o espectador nun novo relato de vida de persoas singulares, nacidas en torno aos anos trinta, contados desde unha perspectiva fundamentalmente humana. Os protagonistas, guiados polo fotógrafo Anxo Cabada, contan en primeira persoa a súa traxectoria vital, narrada como memoria persoal, familiar e colectiva. O relato que achegará nesta edición será o de Consuelo Ramos, “A alquimia do queixo”.

O fotógrafo Anxo Cabada achegouse ata Murgás de Turces, no concello de Touro, para tirar do “fío” de Consuelo Ramos, unha vida marcada polos roles de xénero e deseñada pola familia, pola escasa formación, polas dificultades para aprender, sempre tan lonxe dos centros de cultura, mais tamén esculpida, golpe a golpe, pola fortuna como deusa do devir.

A vida de Consuelo está marcada aínda máis polo queixo, ese tesouro que provén das raíces, como artesanía e como industria, queixos coma mundos, redondos e planos, feitos para saciar a fame e como sobremesa ou doce, e queixos como xoias, como alfaias, arrincados dunha alquimia peculiar.

Esta serie documental, unha produción de Ibisa TV, responde á necesidade de conservar a tradición oral de Galicia e ten como obxectivo achegarlle ao público as historias de persoas que forman parte da memoria, das lembranzas e da sabedoría popular colectiva.

Atopar capítulo por: