CRTVG

Buscar

Estache bo!

Filetes de solla ao Albariño

20/01/2020 11:30 h

INGREDIENTES:

- 1 SOLLA

- 1 VASO DE ALBARIÑO

- 150 GR DE MANTEIGA

- 2 CEBOLETAS

- 1 CULLER DE FARIÑA

- 4 XEMAS DE OVO

- SAL E PEMENTA

CALDO DE PEIXE

- 2 ANACOS DE CONCRO

- ALLO PORRO

- 1 FOLLA DE LOUREIRO

- ½ CEBOLA

- 1 CULLERADA DE ACEITE

- SAL

- LITRO DE AUGA ARROZ

- 6 FEIXÓNS VERDES

- 1 CENORIA

- 200 GR DE ARROZ

 

ELABORACIÓN: Fileteamos a soia e a cebola en anacos moi pequenos ou raiada. Poñemos 50 gr de manteiga no forno nunha bandexa e por enriba a cebola, o bistés e salpementamos. Engadimos albariño e un pouco co caldo de peixe. Tapamos cun papel de forno e cocémolo 7 minutos a 180º. Para facer a salsa poñemos nunha tixola o resto da manteiga e a fariña, cocémola un par de minutos e retiramos do lume para engadir o caldo de peixe pouco a pouco e as xemas do ovo batidas. Sen deixar de remover e rectificamos de caldo ata que consideremos a densidade da salsa. Engadimos unhas gotas de limón e rectificamos de sal. Empratamos co linguado... E listo para comer.

Atopar capítulo por: