CRTVG

Buscar

Especial

Festival Ribeira Sacra 2018

08/08/2018 00:50 h

A 17 edición do Festival Ribeira Sacra celebrouse esta fin de semana pasada. Unha íntima proposta musical enmarcada en recunchos culturais baixo o nome 17º Patrimonio e desenvolvida en escenarios tan especiais coma o castelo de Castro Caldelas, o parador de Santo Estevo ou o reitoral de Gundivós. Un certame diferente en que se mestura música, viño, gastronomía e patrimonio. 
Houbo concertos na natureza e en espazos culturais, catas, directos na adega, visitas guiadas, rutas, música no catamarán, foodtrucks, cociña de autor e artesanía vitivinícola a ritmo de Ses, Ele, Los Hermanos Cubero, Nastasia Zürcher e Mounqup.

Atopar capítulo por: