Especial
Festival Portamérica 2018
11/07/2018 01:15 h
Por segundo ano consecutivo, a chaira da Carballeira de Caldas de Reis recibiu os festivaleiros do Portamérica para gozar dunha fusión perfecta de ritmo e cociña. O ShowRocking conformárono trinta soles Repsol, que, comisionados por Pepe Solla, fixeron as delicias do público con petiscos gourmet a prezos populares. O cartel musical contou con grupos e artistas da talla de: La Habitación Roja, Izal ou Viva Suecia, entre outros.
Ademais de amosar o festival musical, os reporteiros tamén falan con responsables de negocios locais e os habitantes da vila para que dean a súa valoración deste evento que enche de ritmo a localidade galega.