Especial
Festival Histórico de Augas Santas de Barreiros
26/06/2018 00:25 h
O Festival Histórico de Augas Santas de Barreiros, chega á súa sétima edición no espazo natural e arqueolóxico de Santo Estevo do Ermo, na parroquia de San Cosme. Trátase dun evento que pouco a pouco se vai consolidando, que se caracteriza de época e se implica en distintas actividades.
A escenificación da entrega do documento do Rei Silo aos monxes, unha sesión vermú a modo de folclore, un xantar con porquiños e años ao espeto, un mercado de produtos de artesanía, rutas de sendeirismo, xogos tradicionais tanto para nenos coma para adultos e casamentos polo rito celta son algunhas das moitas propostas deste VII Festival Histórico de Augas Santas.