Especial
Festival Armadiña Rock 2018
28/08/2018 00:30 h
Este especial resume como a vila mariñeira de Combarro, no concello de Pontevedra, viviu a décima edición do Armadiña Rock, un festival que tivo como cabeza de cartel a grupos e artistas como
La Pegatina, Amparanoia e SES.
Polo escenario principal, instalado na Praza da Chousa, tamén pasaron Banda Xangai, Zënzar, Sonoro Maxín, The Lákazans, Skándalo GZ, A Banda da Loba, Noite Fechada, Dudecan e Voodoo. A programación completouse con propostas de ámbito familiar, coma un concerto punkinfantil, espectáculos circenses e teatrais e con pasacalles, que correron da man de Fanfarria Farruxa, Balkan Paradise Orchestra e Batucada Os Queimatasas.