Festigaliando
O Son do Camiño 2023
23/06/2023 00:30 h
Nada máis que un lustro de historia abonda para que O Son do Camiño acolla máis de 130.000 persoas no Monte de Gozo. Son tres días cheos de diferentes estilos que converten a capital galega en todo un referente da axenda musical, situándose entre os dez festivais máis importantes en España. Unha data marcada no calendario que Festigaliando non podía perder. Por iso neste novo capítulo sentimos un monte de gozo ao ritmo de Bizarrap, Maluma, Aitana, Vetusta Morla, Leiva, Mora, Ginebras ou Delaporte; aproveitamos a ocasión para dar unha volta por Santiago e descubrir cal é o "look" que viste O Son do Camiño.