Festigaliando
Rosalía
03/08/2022 20:00 h
Especial que amosa o que acontece no concerto de Rosalía no Coliseum da Coruña o 29 de xullo. O concerto será unha das paradas da xira mundial de presentación de ‘Motomami’, o novo traballo da cantante. Este será o único concerto en Galicia de Rosalía, unha das artistas máis premiadas e recoñecidas no mundo musical. Por iso, neste programa visitamos A Coruña para saber que opinan os visitantes e os negocios locais da celebración deste evento. No ‘Festigaliando’ amosamos tamén a organización do concerto e coñecemos de primeira man o ambiente, a ilusión pola música e a ledicia propia deste acontecemento.