Festigaliando
Festival Millo Verde
09/06/2023 00:30 h
Tres días de música alternativa en directo protagonizan o festival Millo Verde deste ano. O festival, que inaugura o mes de xuño, invade Cesantes a ritmo de Treintañeras Cañeras, Francisco el Hombre, Superoito ou Bia Ferreira.
Un fito musical, gastronómico e social nunha contorna espectacular en que o 'Festigaliando' non pode evitar non meterse de cheo para falar coa organización, cos seareiros, cos cabezas de cartel e cos veciños da vila costeira que acolle o evento.