Festigaliando
Festival Revenidas 2022 en Vilaxoán
22/09/2022 00:30 h
Cinco días de directos enerxéticos e divertidos protagonizan o festival Revenidas deste ano, un festexo que se desenvolve en Vilaxoán do 7 ao 11 de setembro e polo que pasan grupos como Boyanka Kostova, La Pegatina ou Baiuca.
O cartel combina artistas e grupos que están marcando tendencia na poboación galega en diferentes xéneros e estilos. No programa 'Festigaliando' entrevístase tamén a organización do festival e faise fincapé na repercusión que ten este acontecemento na vila, tanto para os empresarios como para os veciños.