CRTVG

Buscar

Festigaliando

17º Ribeira Sacra Festival

11/08/2022 01:15 h

O “17º Ribeira Sacra Festival” regresa no seu formato habitual os días 28, 29, 30 e 31 de xullo e como novidade amplía a súa programación un día máis. Unha experiencia vinculada á música en directo, ao viño, á gastronomía e ao patrimonio.

O evento é xa unha referencia na comunidade galega, xa que ten un gran impacto na súa contorna. Neste programa visitamos aos adegueiros de Vilachá, as adegas Regina Viarum, o miradoiro de Santiorxo e o catamarán que nos leva polo río Sil. No ‘Festigaliando’ entrevistamos tamén á organización do festival e coñecemos de primeira man o ambiente, a ilusión pola música e a ledicia propia deste acontecemento.

Atopar capítulo por: