Festigaliando
Festigal
04/08/2022 01:15 h
Especial que amosa o que acontece no ‘Festigal’. O festival regresa no seu formato gratuíto os días 24 e 25 de xullo e volve ao Campus Sur de Santiago de Compostela. Polo seu escenario pasan artistas de referencia do panorama musical galego como ‘A Banda da Loba’, ‘Bratzantifa’, ‘Familia Caamagno’ e ‘Tanxugueiras’.
O evento é xa unha referencia na comunidade galega, xa que ten un gran impacto na súa contorna. Por iso, neste programa visitamos a capital galega para saber que opinan os visitantes e os negocios locais da celebración deste evento. No ‘Festigaliando’ amosamos tamén a organización do festival e coñecemos de primeira man o ambiente, a ilusión pola música e a ledicia propia deste evento.