Especial
Festas de Vigo 2016
04/08/2016 22:00 h
Os espectadores de “Festas de Vigo” poderán coñecer máis sobre a principal celebración de verán do municipio, os atractivos turísticos e gastronómicos do concello e os preparativos necesarios para a afamada procesión do Cristo da Victoria, que se celebra cada primeiro domingo de agosto e que constitúe o punto álxido das Festas de Vigo e un dos eventos máis celebrados por vigueses e veciños da bisbarra.
Noelia Otero será a encargada de presentar un programa que será a antesala da procesión que a canle pública emitirá o domingo a partir das 19.00 h., cos comentarios de Moncho Lemos. O paseo que, acompañado de miles de persoas, realiza cada ano o Santísimo Cristo da Victoria polas rúas de Vigo é un evento de magnitude única.