CRTVG

Buscar

Especial

Festas de San Roque

16/08/2016 22:00 h

Cada 16 de agosto, o barrio que rodea o pazo de San Roque ábrese á maior romaría urbana de Vigo. Miles de fieis reúnense nos arredores da praza de España nunha festa que comeza xa de mañá, coa súa misa e procesión regulamentarias; continúa cun xantar popular a base de polbo, e finaliza con concertos nocturnos ata a madrugada. O equipo do programa tamén estará en Vilagarcía de Arousa onde, como cada ano, se celebra a Festa da Auga, un evento multitudinario que congrega centos de mozos de toda Galicia. A festividade de san Roque tamén se celebra en Melide e Cangas. A confluencia de grupos musicais e orquestras que este día xestiona a comisión de festas de Melide é recoñecida en toda a provincia. Pola súa banda, na parroquia do Hío en Cangas, tamén se festexa por todo o alto o san Roque. Ademais, o programa tamén contará con reporteiros nas localidades de Betanzos e Monforte de Lemos, onde se realizan procesión, ofrendas florais, actuacións de música tradicional e orquestras para celebrar o día e facer que a festa non remate ata a madrugada. 

Atopar capítulo por: