CRTVG

Buscar

Vaia troula

Festas de San Miguel en Ponteareas e Gondomar

02/10/2016 23:45 h

Estaremos nos concellos de Ponteareas e Gondomar para ser partícipe das súas tradicionais festas na honra de San Miguel.

Nieves Rodríguez, a presentadora do programa, estará no concello pontevedrés de Ponteareas, onde se celebra unha multitudinaria procesión e un lanzamento de globos. Ademais, viaxará á parroquia de Peitieiros, en Gondomar, onde organizan unhas grandes poxas polo día de San Miguel. A reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Silleda para pasar un día de troula a esgalla na Festa do Chourizo ao Viño. María Blanco achegarase ata Lourenzá, en Lugo. Alí celebran un ano máis a Festa da Faba desta localidade, que irá acompañada de música tradicional e moita troula. E Belén Vara viaxará a Monterroso para participar no día grande da Festa de San Miguel. A música das bandas e as olimpíadas enxebres son as protagonistas desta xornada de xolda.

Tamén estaremos na Romaría de San Campio de Outes, no Mercado Medieval de Vigo, na Festa do Ramo de Xove e na Romaría de San Breixo de Barro. A Festa da Fabada da Laracha, o San Roquiño de Tállara, en Lousame, e a Romaría de San Cosme e San Damián de Baiona completan o menú trouleiro do programa deste domingo.

Atopar capítulo por: