Especial
Festas de Bouzas en Vigo 2017
A cidade de Vigo comeza as datas fortes de festas de verán coas Festas de Bouzas. Este especial, conducido por Noelia Otero, repasa as principais celebracións da cidade olívica e amosa os lugares que se deben ter en conta á hora de visitar durante estas datas.
Así, ademais de entender por que Bouzas é un barrio de moda para vigueses e visitantes, o programa lembra por que teñen tanta tradición os fogos artificiais da vila, ou por que cada vez máis locais gastronómicos de deseño apostan por abrir nesta parroquia mariñeira. Aínda así, o ambiente máis tradicional continúa sendo unha aposta segura.
Vigo é a cidade galega con maior número de bandeiras azuis e para moitos conta coa praia máis bonita do mundo, a de Rodas, nas illas Cíes, e coas mellores e máis variadas empanadillas. Unha cidade que ten como embaixador a Xulio Verne e aínda moitos segredos por descubrir.